lunes, 9 de marzo de 2020

1º PREMIO CONCELLO DE FERROL AOS VALORES NA FIRST LEGO LEAGUE 2020

O equipo FrouxiMakers fixo un papel estupendo na First Lego League celebrada o pasado 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol, acadando o 1º premio Concello de Ferrol aos Valores First.
Parabens Campionas e campions!!
Clica na imaxe para ver todo o album de fotos

viernes, 24 de mayo de 2019

Video do Proxecto Científico "AstroPlant" para a FLL 2019

Este video é unha gravación do Proxecto Científico "KIT ASTRO PLANT" do equipo "FrouxiMakers" do CPI de Atios, que presentaron o pasado 16 de febreiro do 2019 na Fase Autonómica da First Lego League que se celebrou no Auditorio de Ferrol.


domingo, 24 de febrero de 2019

Os FrouxiMakers na First LEgo League

O pasado sábado 16 de febreiro, os equipos de Robótica do CPI de Atios, FrouxiMakers Junior e FrouxiMakers Teens, participaron na fase galega da First Lego League que este ano tiña por temática "O Espazo", os Junior coa "Mision Moon" e os Teens coa "Into Orbit"
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Teens realizou un proxecto de cultivo hidropónico en Marte ao que chamou "ASTROPLANT" , que non necesita terra, alimentandose de auga e fertilizante (ouriño dos astronautas), iria soterrado e as plantas medrarían con luz LED.

A participación deste equipo conseguiu o "Pemio Princesa de Girona ao Emprendemento"